Cando os visitantes entran á exposición Lugo no tempo, inaugurada onte en Afundación Lugo, son recibidos por MarÃa Castaña, a mÃtÃca heroÃna do século XIV que os lugueses liberais do século XIX converteron nun sÃmbolo da cidade e do levantamento popular contra os señores feudais. Un exemplo de como as cidades constrúen a súa identidade ollando cara o pasado e escollendo épocas históricas.
Lugo no tempo é a terceira das exposicións do proxecto Cidades no tempo, promovido pola ConsellerÃa de Cultura, a Fundación Cidade da Cultura e Afundación, co obxectivo de reivindicar o legado urbano de Galicia. Tras Santiago de Compostela e Ferrol, a nova mostra chega a Lugo cun acervo de case cen pezas, entre documentos, obras de arte e pezas arqueolóxicas que permiten explorar a conformación da identidade urbana de Lugo ao longo da súa historia. A exposición pódese visitar en Afundación Lugo, na Praza Maior, ata o 27 de maio de 2023.
Un percorrido de séculos
A exposición incorpora materiais procedentes das principais entidades museográficas e arquivÃsticas da cidade, que permiten abordar diferentes temáticas. A expansión urbana, que documenta o tránsito entre a vella cidade medieval e as dúas grandes fases de pulo da cidade, no século XIX e no século XX, a estética, que transita entre o románico e as vangardas arquitectónicas das décadas de 1920 e 1930, a cidade como un sistema, a presenza da muralla na cidade ao longo da Historia ou mesmo a súa xénese e desenvolvemento como unha capital agrogandeira. Precisamente, a exposición detense na capacidade da cidade de integrar no espazo urbano a cultura rural, a través de diferentes exemplos históricos, desde a época galaicorromana ata a celebración do San Froilán, asà como o seu papel na propia identidade galega.
A exposición estivo comisariada por Manuel Gago, quen contou coa escritora Marica Campo como coordinadora local da mostra. O consello asesor estivo formado por Felipe Arias, Aurelia Balseiro, Carolina Casal, Julio Reboredo e Paco Rivera.