Inaugúranse as novas instalacións do Arquivo do Reino de Galicia despois de tres anos de obras

Arquivo novo

A ministra de Educación e Cultura, Pilar del Castillo, inaugurou onte as novas intalacións do Arquivo do Reino de Galicia na Coruña. Este centro, que se creou hai 227 anos, contará agora cos máis modernos sistemas de conservación e de seguridade, un total de dezaseis quilómetros de andeis e laboratorios de restauración, fotografía e microfilmación. As obras desenvolvéronse durante os últimos tres anos e contaron un orzamento de 2.600.000 euros.


Máis información en La Opinión e no web do Arquivo