O Teatro Principal de Pontevedra centrará as sesións da XXXIX Semana Galega de FilosofÃa, que se celebra entre os vindeiros 10 e 14 de abril. Centrada na cuestión Arte e filosofÃa, a iniciativa contará con nomes destacados como o Catedrático de FilosofÃa da Universidade de Murcia Francisco Jarauta, que impartirá o relatorio "Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!", ou a ensaÃsta e investigadora Remedios Zafra, que falará sobre "A humanidade lida polas máquinas".
Canda a eles, no programa que coordina a Aula Castelao de FilosofÃa destacan participantes como Santiago Auserón, músico e doutor en filosofÃa, que fechará o encontro a disertar sobre "A música na Grecia Antiga e a orixe da FilosofÃa", ou o tamén músico e cineasta FermÃn Muguruza que titula a súa intervención "Hai algo aquà que vai mal".
A Arquitecta MarÃa Novas, o doutor en Historia da Arte Miguel Anxo RodrÃguez ou o Director de Actividades Públicas do Museo Reina SofÃa Germán Labrador intervirán tamén no encontro a falar de cuestións como a arquitectura e o xénero, as novas lecturas dos monumentos ou os imaxinarios polÃticos da arte na Galicia, entre outras cuestións.
Intervencións como a de Patricia Mayayo sobre "Ecofeminismos, ecoloxÃas queer e transhumanismos", Sabela Hermida a vencellar o existencialismo coa figura de Maria Casares, Chus Pato a tratar a creación poética ou Vitor Vaqueiro a abordar a cuestión "FotografÃa, contemporaneidade e pensamento" fan tamén parte da proposta.
Segundo Alexandre Cendón, presidente da Aula Castelao, a elección do tema responde ao “interese que nos brinda a arte como dimensión definitoria do ser humano xunto coa linguaxe e o pensamento", xa que "é unha actividade simbólica que nos acompaña dende o limiar dos tempos, en paralelo ao pensamento e a linguaxe, as outras expresións simbólicas coas que representamos o mundo e a realidade".
O programa pretende asà "ollar a arte como un medio de expresión do pensamento, mais tamén doutros contidos alén do mesmo como son as emocións e o irracional". De xeito paralelo, "queremos reflexionar sobre o papel ou a función que ten a arte na nosa sociedade, ora como produtora de ideoloxÃas, ora como medio de análise e denuncia, ao mesmo tempo que nos preguntamos pola mesma función da artista".