
Segundo este informe anual, a cifra de facturación por venda de entradas no sector estatal foi a máis alta xamais rexistrada, chegando aos 459.248.129 euros, isto supón un incremento do 191,33% respecto ao ano 2021, no que o sector estaba aÃnda lastrado polas restricións sanitarias da pandemia, pero tamén é un incremento importante do 20,03% respecto ao ano 2019 a nivel estatal. No relativo a Galicia, o Anuario amosa uns resultados por riba desta media estatal e tamén unha marca histórica. Galicia aparece como a quinta Comunidade Autónoma do Estado en cifras, cunha facturación por venda de entradas que chegou ata os 22.120.923 euros en 2022, o que supón un considerable incremento do 161,15 % respecto aos 8.470.525euros de facturación neta rexistrados en 2021, pero un crecemento superior ao estatal respecto á situación pre-pandémica, xa que en 2019 se facturaron 16.834.234 euros, o que revela un incremento nese lapso do 31,4 %.
O Anuario da APM recolle tamén as cifras de asistencia dos meirandes festivais de España, na súa lista dos 10 principais hai dúas presenzas galegas: Resurrection Fest e O Son do Camiño. Respecto ao festival de Viveiro, que está no sétimo posto da lista dos macrofestivais, dise que congregou a 145.000 persoas, o que supón un incremento do 40% respecto da última edición completa de 2019. Sobre O Son do Camiño, do que se lembra o accidente co seu escenario aos poucos dÃas do seu comezo, o Anuario asegura que tivo ata 115.000 asistentes, o que serÃa un 15% máis que en 2019.