O Premio de Honra Fernando Rey, que outorga cada ano a Academia Galega do Audiovisual, vai neste 2023 para o compositor Nani GarcÃa. Considerado, en palabras do conselleiro de Cultura Román RodrÃguez "un dos grandes talentos musicais do audiovisual galego", GarcÃa conta con máis de catro décadas de traxectoria no jazz, a música de cámara ou a sinfónica, e asinou bandas sonoras de filmes como De Profundis, Una mujer fantástica, filme galardoado cun Oscar, Valentina ou Engurras.
Nas máis de 700 composicións que conta no seu haber, GarcÃa correu tamén coa música de series como Guante branco, As leis de Celavella ou Pratos combinados, ademais de desenvolver un importante labor divulgativo con iniciativas como As músicas da Academia ou a Semana das músicas do audiovisual.
A Academia destaca do homenaxeado o "ser unha figura pioneira en Galicia na composición musical para cine, televisión e outros formatos audiovisuais, inspirando e alentando as vocacións de moitos dos que viñeron despois" e salienta a súa dilatada traxectoria no sector. Nani GarcÃa recibirá a figura deste galardón e a homenaxe do sector no transcurso da gala dos XXI Premios Mestre Mateo, que se desenvolverá o vindeiro dÃa 11 no Auditorio Municipal de Ourense.