O festival Núbebes recupera a normalidade

A novena edición do evento celébrase en Pontevedra entre o 26 de febreiro e o 4 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O festival Núbebes recupera a normalidade

Un total de doce compañías estarán presente na novena xeira do Festival Núbebes, que se celebra en Pontevedra o domingo 26 de febreiro e a fin de semana dos días 3, 4 e 5 de marzo. O programa, que recupera a súa plena normalidade logo das restricións pola pandemia, achegará tres estreas. Palabras de Baobab Teatro, Tricus Beliscus de Rilo e Penadique, e o Concerto Silforiña, que integra a Golfiños e a Baobab Teatro son as producións que se presentan na cita.

Canda a isto, o festival especializado no público de menor idade, conta con espectáculos de Soledad Felloza, A Xanela do Maxín, Teatro ó Cubo, Xoán Curiel ou Pablo Díaz. Música, monicreques, contacontos e actividades como a guerra de almofadas completan o programa. Baobab Teatro coordina este evento que organiza o Concello de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Soledad Felloza, Pablo Díaz, Xoán Curiel...