"Mudar miradas" é obxectivo co que nace a obra de teatro "Soños", que este venres estréase no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A montaxe pretende abordar dende as artes escénicas a situación de discriminación e exclusión social que sofren moitos menores que medran en vivendas tuteladas para chegar a un público máis amplo e acabar cos estigmas. Detrás destes obxectivos está a ONG Igaxes en alianza coa produtora teatral Artefeito e a distribuidora Culturactiva, que construÃron este espectáculos grazas á dramaturxia de Fernando Epelde, contando con Tamara Canosa na dirección e cun elenco formado por Anxo Outumoru, Victoria Pérez e Sara Pérez.
A través dunha posta en escena realista, sen artificios nin teatralidade; un estilo cru e directo, asistimos ás historias persoais de tres mozos e mozas en situación de tutela. A obra achégase as súas realidades, atravesadas sempre por temáticas como a xenofobia, a diversidade sexual, a igualdade de xénero, a integración sociolaboral, etc. Por outra banda, o respecto á cultura, tanto galega como estranxeira, é unha das temáticas chave que tamén se aborda na obra.
"Soños" é a primeira obra teatral que trata a situación da mocidade tutelada de xeito integral. A escrita provén do contacto directo con rapaces e rapazas de vivendas tuteladas, levando as súas experiencias ao escenario para crear unha obra realista, directa e que aborde as súas realidades desde as súas propias vivencias cunha linguaxe accesible e situacións da vida cotiá a través das que se reflicten as súas dificultades. A pesares de estrearse agora na sede do Centro Dramático Galego, a obra está pensada para representarse primordialmente en centros educativos de secundaria e bacharelato, para que todo o alumnado que convive ou pode chegar a convivir cun mozo ou moza en situación de risco de exclusión entenda a súa realidade, que non está tan afastada da de calquera outro adolescente.