O enigma da Alborada de Rosalía de Castro

O Arquivo Sonoro de Galicia estrea o seu proxecto 'Caligrafías musicais'

O Arquivo Sonoro de Galicia estrea o seu proxecto 'Caligrafías musicais'
Rosalía de Castro sempre viviu rodeada de música. Practicábaa e integrábaa na súa obra. Un dos temas máis chamativos da súa novelesca vida e obra é a relación entre o seu poema Alborada, a música e a investigación posterior dos rosalianistas na súa procura. Así que o Arquivo Sonoro de Galicia escolleu unha fascinante conferencia pronunciada polo erudito Xosé Filgueira Valverde en 1992 no Ateneo de Ourense como punto de partida do seu proxecto Caligrafías Musicais. Trátase dunha iniciativa para presentar valiosas conferencias do fondo do ASG nas que recoñecidos expertos presentan compositores, estilos musicais ou instrumentos do legado musical do país. As conferencias pódense escoitar íntegras no web do Consello da Cultura Galega e iranse presentando cada dous meses. O Arquivo Sonoro xa adianta algúns dos nomes: Xosé López Calo, Bautista Varela de Vega ou Joám Trillo entre outros.