Pesar polo pasamento de Moncho Díaz

O integrante de Fuxan os Ventos faleceu o pasado venres aos 70 anos

Moncho Díaz . Foto: Fuxan os ventos
Moncho Díaz . Foto: Fuxan os ventos
Ramón "Moncho" Díaz falecía o pasado venres, 17 de febreiro aos 70 anos, como consecuencia dunha enfermidade que viña padecendo desde hai tempo. O monfortino foi un dos piares de Fuxan os Ventos desde o ano 1979, onde ademais de tocar as frautas e a guitarra engadía a súa poderosa voz aos temas da formación, sumando o seu timbre aos das outras emblemáticas voces, como a da súa parella Tareixa Novo. Na parte profesional, Móncho Díaz exerceu como técnico de son de radio, traballando en emisoras como Radio Obradoiro e Radio Galega. Todos os medios do país e outros a través de edicións locais, recolleron o pasamento de Díaz. Nas redes sociais a formación folk publicou unha foto de Moncho, acompañada da frase, "Sempre e máis despois", título dun poemariod e Manuel Antonio e tamén do disco gravado en directo pola formación en 1999, co que volveron ao primeiro plano da escena musical tras moitos anos sen gravar.


O pasado ano, a pesares da enfermidade, Moncho puido compartir co resto dos integrantes de Fuxan os Ventos os recoñecementos e actos na celebración dos 50 anos da formación, estando presente en moitos deles e mesmo tomando parte nalgún concerto.
A exposición conmemorativa, celebrada no Vello Cárcere de Lugo, contou coa coordinación da súa filla Noa. Outra das súa fillas, Faia, segue os pasos dos seus proxenitores no mundo da música, tanto en solitario como co proxecto DeVacas.