As 36 salas de música en directo de Galicia que conforman Clubtura, a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, única entidade representante do sector na comunidade, renovaron este luns a súa directiva, nunha xunta xeral que tivo lugar en Santiago de Compostela, e na que a nova equipa directiva contou co apoio absoluto dos socios presentes representados. A nova directiva, que conta con representantes de 9 salas de oito localidades repartidas entre as catro provincias galegas, estará presidida por Marcos Vázquez Silva (La Fábrica de Chocolate, Vigo), que terá ao seu carón a Tomás Legido Sánchez (Sala Mardigras, A Coruña) como vicepresidente, e a Eduardo Meijueiro Rodríguez (La Pecera, Vigo) como secretario. A tesourería da entidade queda en mans de Fernando Casal Neira (Gatos, Melide),que xa ostentara o cargo na anterior directiva. Nos postos de vogais repiten Ánxela González Porto (Borriquita de Belem, Santiago de Compostela) e Davide Paz Garza (Auriense, Ourense), e incorpóranse por primeira vez Sabela Regueira Varela (Sala Guión, Pontedeume), Celestino Freijo Andión (Sala Jagger, Lugo) e Gustavo Rey (Krazzy Kray, Cambados).
O colectivo de salas Clubtura ven reclamando xa desde antes da pandemia, diferentes tipos de medidas por parte da administración autonómica, para manter a súa actividade cultural, expresando problemáticas e discrepancias con algunhas das políticas públicas derivadas tanto da Lei de Espectáculos de Galicia, como do Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público de Galicia, así como do procedemento para a organización da Rede Galega de Música ao Vivo e outros programas de apoio á música en directo. Os representantes de Clubtura veñen alertando da situación de máximo risco na que se atopan as salas de cara á súa continuidade e solicitando accións públicas de apoio á súa actividade e contribución cultural.Ás reivindicacións previas á pandemia sumáronse logo as derivadas da situación do sector ante as restricións sanitarias que adfectaban de forma particular ao seu modelo de actividade.