Un concerto de Abraham Cupeiro coa Orquestra Filarmónica de Braga abrirá, o vindeiro 23 de febreiro, a programación de Lugo como sétima Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2023. O concello presentaba este 14 de febreiro a súa proposta de actividades para a ocasión, un total de trinta programas que abranguen as máis diversas manifestacións artÃsticas a través dun cento de actividades que reúnen creatividade galega e portuguesa.
A proposta integra iniciativas xa consolidadas na cidade como son o Arde Lucus ou o Caudal Fest, que incorporarán aos seus programas contidos de Alén Miño. Canda a estes, as actividades inclúen contidos de nova creación como "catas literarias" que contarán con autores dos dous paÃses, unha feira do libro infantil e xuvenil no final de marzo ou unha exposición de banda deseñada que se desenvolverá no Museo Interactivo da Historia de Lugo. No campo da arte urbana presentarase o novo Festival Cores Atlánticas o vindeiro 25 de marzo.
Exposicións, conferencias e unha mostra de xogos populares atenderán as tradicións das dúas bandas do Miño, mentres unha feira gastronómica e un novo concurso de tapas amosarán a diversidade gastronómica destes territorios. Para semana Santa celebrarase un concerto da Orquestra Ars Combinatoria, acompañada por solistas galaico-portugueses/as.
No ámbito audiovisual desenvolverase o ciclo Unha mirada en feminino dedicado a mulleres directoras do 2 ao 12 de marzo. O ilusionismo protagonizará o festival A maxia do Eixo en abril e a moda será o eixe da Gala Lucus Moda Atlántica. Unha exposición de arte lusa, un encontro de danza universitaria ou un ciclo de artes circenses na rúa son outras propostas previstas no marco desta iniciativa.
Un ciclo de encontros pola diversidade e a igualdade para o público mozo, conferencias sobre o pasado común do noroeste peninsular ao longo do mes de maio e a celebración do I Encontro de Cidades Patrimonio da Humanidade do Eixo Atlántico, en novembro, fan tamén parte da oferta que se desenvolverá ao longo do ano na cidade da muralla.