O cosplay chega ás letras galegas. Un desfile de persoas disfrazadas de personaxes da obra de Cunqueiro percorrerá as rúas de Mondoñedo este 11 de marzo na que é só unha das orixinais propostas do programa Mil Primaveras. A organización anima a se vestir de gatipedro, da Voadora de Serantes, de Merlín ou ata do Paraugas Xacinto para participar neste encontro.
Este encontro, que se define como "Festival de fantasía cunqueiriana celebra ese sábado a súa primeira edición con actividades como un obradoiro para elaborar variñas máxicas, un showcooking de receitas do autor mindoniense ou un "Cunqueiro Fake Corner", no que as persoas participantes recitarán un poema do autor e outro de creación propia inspirado polo seu traballo.
Canda a estas iniciativas, o encontro inclúe percorridos histórico-musicais pola vila, o XII Encontro Galego de Postcrossing "Álvaro Cunqueiro", teatro familiar, monicreques, un monólogo Diana Sieira e un concerto de Amancio Prada que fechará o encontro. Tamén se desenvolverán conversas sobre a veciñanza como axente de valorización do patrimonio inmaterial ou a viabilidade dun grupo teatral no rural.
Un mercado de cultura e fantasía, tapas cunqueirianas ou proxeccións de audiovisuais fan parte da nova iniciativa, que promove de xeito paralelo unha escola de escrita guiada por Antía Yáñez, unha audiovisual que levará Xaime Miranda e outra de teatro a cargo de Paloma Lugilde. Estas accións formativas desenvolverán a súa actividade ao longo dos meses de febreiro e marzo.