Este 5 de febreiro na Illa de Medal, en Ponte Sampaio, unha actividade daba a coñecer ao público máis novo as tradicións das celebracións Ãgneas do inverno, como os fachóns e a Candeloria, nas que o lume é protagonista. A proposta era primeira sesión do programa Un paÃs de festas e ritos, co que o Concello de Pontevedra quere transmitir ás novas xeracións das celebracións do ciclo anual e que se integra no proxecto Apego.
Artellada en dezaseis citas que se repartirán ao longo de 2016, quince nas parroquias do concello e unha máis na propia cidade, esta proposta do Servizo de Normalización LingüÃstica propón sesións de 90 minutos que esixen inscrición previa. En cada un destes encontros realizarase unha charla didáctica a cargo do antropólogo Rafael QuintÃa, de Ab Origine, sobre a festa correspondente, que se poderá completar, segundo o caso cun percorrido interpretativo pola contorna da actividade. Canda a isto, haberá unha sesión de contacontos e un obradoiro de debuxo sobre o tema tratado da man de Polo Correo do Vento.
A seguinte cita, centrada no Entroido, desenvolverase o vindeiro 12 de febreiro no Monte da Facha, e en vindeiros meses abordaranse tradicións como Os ritos de comensalidade (5 de marzo), a romarÃa de San Cibrán (25 de marzo), a Semana santa e a súa relación con plantas máxicas, lume novo e augas milagreiras (15 de abril), os maios (29 de abril), o Corpus (27 de maio), San Xoán (10 de xuño), a romarÃa de San Bieito (1 de xullo), o mito de Santiago en Pontevedra (22 de xullo), os seráns (23 de setembro), a festa de defuntos (28 de outubro), a matanza (4 de novembro), o magosto (25 de novembro), os mitos e crenzas do Nadal (16 de decembro) e os ritos e tradicións desta festa (17 de decembro).