Aprendéronlles a cantar

O Consello da Cultura publica un documental de seis episodios sobre o canto con percusión a man

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Aprendéronlles a cantar

Durante séculos, as mulleres do campo e do mar galego combinaron o lecer e o traballo ao ritmo de instrumentos do cotiá e voces e coplas pasadas de xeración en xeración. Ata que esa correa de coñecementos e diversión crebou a partir dos anos 60. A súa recuperación, a partir dos anos 80 e 90, por unha nova xeración que percorreu as aldeas documentando todos estes cantos para o repertorio das novas formacións musicais é unha das grandes historias da cultura contemporánea. A webserie 'Axudádeme a cantar' en seis episodios presentada hoxe polo Consello da Cultura Galega percorre o dilatado arco destas historias. Desde as testemuñas das aldeas ás responsables da súa recollida e popularización actual a través de festas e formacións musicais, esta webserie dirixida por Renée DePalma, Xulia Feixoo, Carme López, da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación. A fotografía do documental é de Olaia Tubía e a produción de Alejandro Gándara.

Mira os vídeos

01. O serán en Toutón: Pasado e presente da festa tradicional


02. A festa da pandeira: Celebrando a recuperación dun instrumento


03. Pandeirada en Liñares: Canto, identidade e emigración


04. Historia da compilación musical nos grupos folclóricos


05. As novas raíces: Resocializando o rural a través da música tradicional


06. Das aldeas aos escenarios: A música de tradición oral no panorama musical galego


Que che parece esta nova?
113 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Carme López, Fotografía, Literatura...