A Sala de exposicións do Centro CÃvico Cultural de Arteixo acolle este 3 de febrero a presentación do sétimo número de Follas Novas. A revista da Fundación RosalÃa lanza un número monográfico sobre Manuel MurguÃa, home da poeta, a coincidir coa celebración do centenario do seu falecemento.
Deste xeito, a entrega, patrocinada polo Concello de Arteixo, recolle estudos de especialistas como Xosé Estévez, Manuel Forcadela, Xosé A. Fraga, Narciso de Gabriel, Aurora López e Andrés Pociña, José LuÃs do Pico e Francisco RodrÃguez, entre outros. Entre os temas que se abordan, están "desde a súa ascendencia vasca, o seu celtismo, a súa relación co naturalista VÃtor López Seoane, o seu pensamento sobre o medioevo, unha publicación escolar que realizou (La primera luz), ou o apéndice musical da súa Historia de Galicia", segundo informa a Fundación.
De xeito paralelo, a Asociación Cultural O Galo súmase ás homenaxes ao que foi o primeiro presidente da Real Academia Galega cun roteiro guiado que repasa a presenza de MurguÃa en Santiago de Compostela. O historiador Prudencio Viveiro repasará este sábado 4 a partir das 12:30 horas a actividade do autor na capital galega desde que, sendo adolescente, foi testemuña do levantamento de 1846 e da represión que o seguiu. Un percorrido polos lugares do casco histórico nos que viviu a familia creada por RosalÃa de Castro e Manuel MurguÃa e polos espazos onde desenvolveu o seu activismo facilitarán un repaso pola vida e obra do historiador.