O vindeiro Concerto das Letras percorrerá a música da que gostaba Francisco del Riego

Estrearase unha peza de Brais González Pérez

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:

Como é xa tradicional, o Consello da Cultura Galega celebrará o Concerto das Letras na véspera do 17 de maio. Será en Vigo, o 16 de maio, nun concerto intepretado pola Real Filharmonía de Galicia e o Coro de Cámara Rías Baixas baixo a dirección de Maximinio Zumalave. Desta volta, o concerto dividirase en tres partes. O Consello da Cultura Galega presentou hoxe en Vigo o programa desta edición.
O concerto comezará coa Suite Vigo de Reveriano Soutullo, seguido do Concerto Grosso en homenaxe a Bach de Jesús Bal y Gay e rematará cunha peza composta para a ocasión. Unha composta por Brais González Pérez (Vigo, 1987) con textos de Xaime Isla Couto e Salvador García Bodaño dedicados a Francisco Fernández del Riego. Segundo explicou o propio Brais, “ten dous movementos corais e un instrumental e están vencellados a don Paco a través da música e dun dato biográfico, que é o feito, como el mesmo ten declarado en numerosas ocasións, de que a súa melodía popular favorita é A miña burriña”. Para o traballo de composición fixo tamén un labor de reestruturación de estrofas e versos a partir do texto de Salvador García Bodaño. “O resultado final é que cos cambios a mensaxe pasaba de ser algo tremendamente individual a algo moi da terra. É un canto final a don Paco e a Galicia”, apuntou Brais González.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Salvador García Bodaño, Consello da Cultura Galega, Xaime Isla Couto...