LGx15 publica na rede os vídeos da súa última edición

Nove audiovisuais con intervencións da gala poden verse na canle de Youtube da CTNL

Nove audiovisuais con intervencións da gala poden verse na canle de Youtube da CTNL
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua completou este 25 de xaneiro a publicación dos vídeos das intervencións da última xeira o LGx15. Olaia Maneiro, de Tanxugueiras, a antropóloga Beatriz Busto, o enxeñeiro informático Isaac González e a divulgadora científica Fátima Barros protagonizan as publicacións máis recentes.

Canda ás súas, tamén se poden ver outros relatorios que se desenvolveron na gala 27 de outubro, como a intervención musical de Lois Pérez, a de Pedro González a repasar a experiencia empresarial de Deleite ou a de Fabiana Ambroa e Pradorrua arredor do proxecto ELOS. O traballo como guía turístico desde a nosa lingua de Guido Álvarez e mais o de Elsa Quintas a exercer a avogacía completan os vídeos que se poden ver na rede.