Oito producións escénicas galegas optan aos Premios Max 2023

A gala celebrarase en Cádiz o 17 de abril

Imaxe do espectáculo <i>Ás oito da tarde, cando morren as nais</i>
Imaxe do espectáculo Ás oito da tarde, cando morren as nais
Nove producións galegas figuran na ampla lista de 168 espectáculos seleccionados para a primeira fase de elección dos premios Max das Artes Escénicas 2023, o certame convocado pola Fundación SGAE. Na categoría de mellor espectáculo de teatro, foi seleccionada Ás oito da tarde, cando morren as nais do CDG,d irixida por Marta Pazos, que figura nominada en varias categorías profesionais (mellor adaptación, dirección de escena, mellor deseño de espazo escénico -Blanca Añón- e mellor vestiario -Pier Paolo Álvaro). A peste, tamén do CDG, conta con tres candidaturas: mellor adaptación e dirección para Cándido Pazó, mellor deseño de espazo escénico para Dani Trillo e mellor vestiario para Martina Cambeiro. O teatro documental de O péndulo, escrito por Marta Pérez e Ernesto Is, suma coa candidatura a mellor autoría teatral e a mellor deseño de iluminación (Álvarez-Ossorio). A ópera electrónica Papagena de Butacazero foi seleccionada para mellor espectáculo musical ou lírico, así como a mellor produción (Xavier Castiñeira). O porco de pé de Producións Teatrais Excéntricas recibe tamén unha nominación a mellor actriz para Patricia Vázquez. Josito Porto, á súa vez, por Smoke on the water de Ibuprofeno Teatro. Tanxarina tamén obtén unha candidatura no mellor espectáculo para público infantil, xuvenil e familiar por A cazola de Lola. O espectáculo Credo de Nova Galega de Danza recibe candidtaturas para mellor espectáculo de rúa, mellor deseño de iluminación (Antón Cabado) e mellores intérpretes de danza faminino e masculino (Inés Vieites e Ricardo Fernández). O péndulo, de Marta Pérez e Ernesto Is, está nominada á mellor autoría teatral e mellor deseño de iluminación) Tamén é reseñable a obra Supernormales, do Centro Dramático Nacional, que foi escrita pola rianxeira Esther F. Carrodeguas, tamén na categoría de mellor espectáculo teatral.

A partir deste extenso listado un xurado seleccionará os finalistas das 20 categorías dos Premios Max das Artes Escénicas, que concorrerán na gala que se celebrará o 17 de abril en Cádiz.