Nove funcións no Salón Teatro permitirán coñecer en Compostela A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do rÃo Miño. Esta obra, escrita en 1671 por Gabriel Feixóo de Arauxo chega ás táboas como unha coprodución entre o Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga baixo a dirección de Fran Núñez con dramaturxia de Javier Alonso de Castilla.
O proxecto, que se estreou orixinalmente en 2021 no festival de Almagro, púidose ver desde entón en Cangas, Braga e en Ribeira de Caldelas, localidade de Tui onde se ambienta a obra. Agora chega á capital cunha función de reestrea o dÃa 26 que conmemora os cincuenta anos da representación da peza da man de Teatro Circo da Coruña con Manuel Lourenzo e José Estruch. A esta sesión seguiranlle outras na fin de semana do 27 ao 29, unha función descontraÃda o mércores 1 e unhas últimas entre os dÃas 2 e 5 de febreiro.
A produción reúne un elenco de dez persoas de Galicia e Portugal, composto por Rogério Boane, SÃlvia Brito, Carlos Feio, Eduarda Filipa, António Jorge, Grasiela Müller, Aisa Pérez, Valentina Picciau, Solange Sá e o propio Fran Núñez, e representa o conflito entre habitantes das dúas bandas da Raia sobre os dereitos de pesca sobre o Miño no que se considera a primeira peza teatral escrita en galego.
Segundo sinala Fran Núñez na presentación da peza, a montaxe "fala dun tempo e un lugar concreto pero a súa esencia é universal e percorre a historia: as fronteiras, a loita polos recursos e a loita de clases". Asà "nesta historia hai disputa polo dereito a pescar. Hai peixe que non entende de fronteiras e pace onde máis lle presta sen pastor que o guÃe. Hai quen tenta valerse do seu poder para levar o que non lle corresponde. Hai quen llo tenta impedir e impÃdello. Hai disputa. Hai dignidade. Hai quen se avergoña dos seus compatriotas e defende aos da súa clase. Hai mortos. Hai choros. Hai festa. Hai baile. Hai irmandade. Hai fronteiras. Ou non".