Un proxecto da Universidade Complutense xeolocaliza corenta lendas galegas

A proposta céntrase en reelaboracións literarias do século XIX

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Está xa dispoñible na rede o mapa do proxecto Descubre Leyendas. Esta investigación, que se desenvolve no seo da Universidade Complutense, recolle e xeolocaliza lendas recollidas en guías de viaxe, dicionarios xeográficos e relatos publicados na prensa estatal do século XIX.

Dentro destas, o proxecto compila unha corentena de lendas do noso país, segundo recolle o web GCiencia, con elementos como a Compaña, a Torre de Hércules, o Castelo de Sobroso, Santo André de Teixido ou Santa Liberata entre outras. En total recóllense catorce lendas tanto en Pontevedra como na Coruña, sete en Lugo e cinco en Ourense.

A presentación desta iniciativa explica que "o século XIX é, como ningunha outra época, o grande momento de recuperación e transformación cultural dos elementos folclóricos". Ao ver da coordinación do proxecto, "a localización das mellores versións dos diferentes relatos lendarios pode contribuír a recuperar as tradicións locais, matizadas polo imaxinario rexionalista ou nacionalista da época, e colaborar na sustentabilidade do patrimonio inmaterial español".

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade Complutense, Castelo, Torre, Pontevedra...