Durante 28 anos, entre 1640 e 1668, galegos e portugueses enfrontáronse nun conflito armado tan incómodo no pasado coma hoxe. Foi no contexto da Guerra da Restauración, que supuxo a independencia de Portugal en relación á Coroa hispánica, coa que se unificara en tempos de Felipe II. Hoxe presentouse en Tomiño o achado dunha nova fortificación asociada a este conflito e que "acredita a importancia" que a fronte galega tivo na guerra, o acontecemento bélico da nosa historia que deixou máis trazas arqueolóxicas.
O río Miño pasa por ser a fronteira máis antiga de Europa entre dous países, pero está chea de cicatrices. Trincheiras, fortes terreiros, torres e descomunais foxos que fenden as fértiles beiras do tramo final do Miño ata un total de 46 fortificacións entre Galicia e Portugal- dan conta da enorme presión bélica sufrida por este territorio durante 28 longos anos. Numerosas crónicas bélicas -e tamén queixas e protestas da Xunta do Reino de Galicia polos custes da guerra- dan conta dun proceso que, de tan longo, sufriu períodos de diferente intensidade, e no que a Coroa hispánica perdeu o seu control sobre o reino de Portugal.
Unha nova fortificación localizada na parroquia tomiñesa de Taborda, a dous quilómeros do río Miño, pode confirmar arqueoloxicamente a intensificación das operacións militares no tramo final da guerra. Foi o xornalista Xurxo Salgado, editor de historiadegalicia.gal, quen apreciou que este sitio arqueolóxico non parecía responder á interpretación medieval que se fixera do espazo anteriormente. A análise da arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea, especialista neste conflito militar, revelou que se trata dun tipo de fortificación abaluartada en forma de estrela, como é habitual nas fortificacións dese período. Consta dun foxo exterior, un parapeto e un recinto fortificado interior, chamado media lúa, cunhas medidas de 70x80 metros e unha superficie de menos de media hectárea. O sitio arqueolóxico atópase en mal estado de conservación, xa que está no medio dunha zona de intensa explotación agroforestal.
Testemuña dunha escalada no conflito
Para Rebeca Blanco, esta estrutura defensiva puido ser construída "nun momento no que se intensificaron os enfrontamentos na fronte galega, con especial virulencia nos territorios que hoxe conforman o concello de Tomiño". Foi en 1666 cando o condestable de Castela, Íñigo Fernández de Velasco, inicia unha nova ofensiva cando é nomeado capitán xeral do Reino de Galicia. Reúne un exército de 14.000 infantes que "acuartela en Forcadela e despois na ribeira do Tamuxe (O Rosal)". Non moi lonxe de alí, a apenas uns quilómetros, os portugueses tomaran o forte galego de Goián e construíran todo un sistema defensivo ao redor. Iso motivou que o capitán xeral ordenara construír un enorme sistema defensivo nas proximidades, no coñecido como forte de Medos ou forte de Santiago Carrillo. Blanco-Rotea pensa que o xacemento das Torres pode ter que ver co acuartelamento do exército galego para a contraofensiva, aínda que sería precisa máis investigación para determinalo.
Unha parte importante destas 46 fortificacións nas dúas ribeiras do Miño son 'terreiras', é dicir, foron construídas a partir da remoción de toneladas de terra e para responder, de xeito rápido, ás diferentes movementos e continxencias das campañas militares desta guerra. Iso tamén significa que a día de hoxe están agachadas, como boa parte dos castros, baixo a trama forestal do país, e sometidas á acción agroforestal. "É urxente a notificación da existencia da fortificación para que se inicie a protección e estudo deste espazo e conservar os escasos restos que se mantiveron no lugar", sinala Rebeca Blanco.
A escala masiva dos exércitos e dos seus operativos deixaron o máis visible trazo arqueolóxico dun conflito militar no territorio galego. A guerra supuxo para o reino de Galicia un notable custo en homes e recursos económicos e distanciou enormemente dúas ribeiras que ata o momento, malia a pertenza a diferentes reinos, seguían unidas por múltiples lazos como parte dun vello territorio común. A fronteira volveuse máis impermeable e provocou unha separación entre os dous países que, de algún xeito, chega ata hoxe. Estas impoñentes murallas de terra que continúan a aparecer son as cicatrices que explican en parte esa fractura histórica.