O substantivo feminino 'Comadre' impúxose por votación popular como a palabra galega deste 2022, segundo ven de comunicar a Real Academia Galega. Este nome, que serve, segundo o Dicionario da RAG para falar dunha relación familiar dunha persoa en feminino con outra cando hai unha situación de apadriñamento dalgún descendente por unha das partes, impúxose sobre as outras catro finalistas deste ano: autoestima, candorca, ecocidio, inflación e resiliencia. A presenza de 'comadre' foi explicada desde a RAG como unha mostra da perspectiva de xénero para falar de sororidade. Xa que segundo lembra a Academia, alén de indicar parentesco é tamén frecuente empregar esta palabra para se referir á veciña e á amiga e evocar as relacións de apoio entre as mulleres. A Academia indica que hoxe, de feito, esta voz popular reivindÃcase como un xeito de designar aquelas que tecen redes de sororidade en pleno s. XXI.
Lémbranos a RAG que comadre procede do latÃn tardÃo commāter, -tris onde xa indicaba unha relación de parentesco semellante e común para todos os romances de Occidente. A idea de incluÃr esta voz partiu a raÃz das Comadres das Letras, un grupo de mulleres unidas arredor dun obradoiro de literatura que a estendeu a través das redes sociais. A proposta prendeu con forza xa na primeira fase da elección da Palabra do Ano, a da recolla de suxestións, e na segunda, a determinante, acadou a complicidade da maiorÃa das persoas que participaron na elección telemática. Conseguiu, de feito, máis do dobre de votos que o segundo vocábulo máis apoiado, candorca, este último en referencia aos numerosos avistamentos de cetáceos que se produciron nas costas galegas o pasado verán, que provocaron máis dun susto entre os patróns de pequenas embarcacións de recreo. O terceiro termo en votos foi ecocidio, seguido de resiliencia, autoestima e inflación. A escolla da Palabra do Ano significa, segundo a Academia, un xeito de resumir os últimos tempos, de sintetizar como os vivimos, para ben ou para mal, ou mesmo unha maneira de redimÃrmonos do que queremos deixar atrás ou de achegármonos ao que arelamos.