Xente real da Costa da Morte e falando en galego protagoniza 'Sica', a longametraxe da directora catalá Carla Subirana que ven de ser seleccionada para participar na Berlinale o vindeiro mes de febreiro, na sección Generation. A longametraxe, rodada integramente nesta comarca galega e participada na produción por Miramemira, está en parte protagonizada por actores non profesionais, veciños da zona, como Thais GarcÃa Blanco, unha rapaza de 13 anos de Cabana de Bergantiños que dá vida á personaxe principal. Tamén participan dela Marco Antonio Florido Añón e MarÃa Villaverde Ameijeiras, como non profesionais debutantes nestas labores da interpretación dando vida a algunhas das personaxes. A parte profesional virá dos actores Lois Soaxe e a catalá Núria Prims. O filme narra a historia dunha moza de catorce anos cuxo pai afogou nun dos moitos naufraxios desta parte da costa e que, obsesionada con recuperar o corpo vai investigando as circunstancias do accidente e atopando que as cousas co seu pai e coa súa comunidade non son o que semellaban. Ademais das personaxes, a propia Costa da Morte coa súa natureza é unha das presenzas importantes do filme, que conta na dirección de fotografÃa con Mauro Hercé, (director de fotografÃa de "O que arde"). A proxección na Berlinale suporá a estrea mundial da pelÃcula dirixida por Carla Subirana, quen tamén asina o guión xunto con Júlia Parés.
En 2016, Carla Subirana chegou á Costa da Morte para facer o Camiño dos Faros e quedou "absolutamente fascinada polas súas paisaxes e polas historias de vida deste pobo mariñeiro marcado pola brutalidade do seu océano", segundo comunicaba AGAPi. Seguindo a metodoloxÃa da súa experiencia como documentalista, nos seguintes anos foi coñecendo as persoas clave para crear os personaxes dunha longametraxe de ficción que pivota sobre dúas ideas fundamentais: a transformación dunha forma de vida historicamente vinculada ao mar de toda unha comunidade, e a ameaza dos fenómenos meteorolóxicos extremos e da violencia natural dun planeta ferido pola acción humana. O filme rodouse en diferentes concellos da Costa da Morte, como Camariñas, Ponteceso, Laxe ou Malpica. A Selección generation da Berlinale, na que se estreará o filme, está enfocada cara pelÃculas que toman en serio a cativos e xente nova nas súas narrativas e linguaxe cinematográfica. Historias contadas desde o punto de vista dos seus xoves protagonistas que fan tanxible o seu mundo.