
Como acompañamento musical desenvolverase unha actuación da Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, que estreará a obra Alborada da Insua dos Poetas. A partir das 11 horas acompañará o evento o cantautor Amancio Prada, que interpretará unha selección de versión musicadas de poemas do homenaxeado. A celebración contará tamén coa intervención de César Cunqueiro González-Seco, fillo do homenaxeado, e rematará cunha degustación de polbo, pan e viño do Ribeiro.