Vinte e sete anos despois da súa apertura, en 1995, a sala que acolle os gravados de Goya do Museo de Belas Artes da Coruña presentaba este 14 de decembro a súa primeira remodelación. A Xunta de Galicia financiou unha transformación na que se construÃu novo mobiliario e se readaptaron as antigas vitrinas, coa introdución materiais neutros e de calidade.
Como principal obxectivo, a remodelación pretende "acadar unha mellor conservación e a correcta iluminación dos gravados", segundo indicou Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura, na presentación do proxecto. Os traballos acompañáronse dunha nova catalogación, desenvolvida polo museo, "que proporciona unha mellor divulgación e comprensión desta importante produción artÃstica e permite ao visitante ter unha mellor e maior información sobre Goya e os seus gravados", apuntou Lorenzo.
A colección do museo é unha das poucas Ãntegras dos gravados do pintor presentes nun centro a nivel estatal. Componse de 233 estampas que combinan diferentes técnicas de gravado e que se agrupan en diferentes series que o artista desenvolveu entre 1778 e 1820.
A coincidir con esta presentación, o Museo deu a coñecer tamén a súa primeira guÃa, unha obra que, a través de 280 pezas da súa colección permanente, fai un percorrido pola arte galega, española e europea desde o século XVI ata o século XX.