Facer co teatro o mesmo nivel de intercambio e nexo entre paÃses de raÃz celta que se leva a facer desde fai décadas coa música é un dos obxectivos da liña de internacionalización que o Centro Dramático Galego está a iniciar, neste caso ademais como impulsor da iniciativa. O director do CDG, Fran Núnez, avanzou no recente Culturgal esta liña de traballo xunto a outros programas de internacionalización da cabeceira galega. Tomando como punto de partida o proxecto europeo Phōnē que reúne a oito entidades pertencentes sistemas teatrais en linguas minoritarias e do que CDG é parte desde este ano, impulsouse a idea de crear unha rede paralela que puidese recoller tamén aquelas cabeceiras teatrais representativas doutros sistemas lingüÃsticos similares que quedaron illadas respecto aos seus homólogos europeos por mor do Bréxit.
Con esa idea e a perspectiva do nexo xa existinte a outros niveis culturais entre os paÃses de raÃz celta do espazo atlántico, o director da cabeceira teatral deu en impulsar unha rede que busca as sinerxÃas entre estruturas teatrais que xa están na rede europea, como o propio CDG, o bretón Teatr Piba Brest e o Fibin Teoranta gaélico irlandés, xunto a aquelas de Gran Bretaña separadas pola brecha do Bréxit, o Theatre Gu Leòr, de gaélico en Escocia e o Theatr Genedlaethol Cymru, tamén de gaélico, do PaÃs de Gales. Un dos obstáculos a superar por esta alianza é o do financiamento, porque ademais de ser estruturas moi diferentes en natureza e apoio institucional cada unha delas, a situación británica desde fora da Unión Europea impide que sexan xustamente os fondos europeos os que sirvan de apoio a esta iniciativa, que terá que resolver dun xeito moi particular esa necesidade.
Coa vista posta en lograr intercambios e colaboracións artÃsticos, residencias, e procesos creativos conxuntos, o proxecto aÃnda ten que definir moito a forma que irá tomando para salvar todas as distancias, lingüÃsticas, económicas e fronteirizas. Polo de agora esta acción internacional está nos seus primeiros e cativos pasos, dados cunha primeira reunión en terras bretoas na que o CDG xa foi felicitado pola súa iniciativa, un feito que coloca por vez primeira a Galicia como impulsora dunha iniciativa cando durante décadas foi a nosa cultura a que Ãa sumándose ás iniciativas culturais dos paÃses celtas e tomándoas como exemplo. En vindeiros meses iranse levando a cabo máis reunións coas que irá tomando forma e definÃndose.