A crise climática pon aos océanos no centro do debate sobre a situación medio ambiental e o estamento científico que estudia este ecosistema comprende como moi necesarias as campañas de divulgación que inclúan unha "alfabetización oceánica" ao alcance de toda a poboación para crear a concienciación necesaria. Froito desa idea veñen de presentarse varias iniciativas nas que desde a nosa terra se fan distintas achegas. Unha delas é a presentada desde o Campus do Mar da Universidade de Vigo, "Ocean literacy", a segunda acción dentro do proxecto 'Scientists meet Artists', co que durante o confinamento puxeron ao alcance da cidadanía material que, ademais de entreter, servise para impulsar un mellor coñecemento dos mares e océanos. Así, xurdiu a colaboración entre 12 científicos e 12 ilustradores que, traballando xuntos, deseñaron unha serie de láminas artísticas sobre conceptos ou procesos científicos que ocorren no medio mariño. Agora, un ano despois, o proxecto lanza unha nova proposta, bautizada como Ocean literacy. Dá vida a sete ilustracións que recompilan cada un dos sete principios esenciais da cultura oceánica ou alfabetización mariña, inspiradas e explicadas por tres científicas e cinco científicos. Trátase dunha serie de recursos didácticos accesible e descargable libremente para a poboación que busca cubrir a falta de materias relacionadas cos océanos no ámbito da educación formal. É o resultado do encontro entre científicos do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e do Centro Oceanográfico da Coruña coa ilustradora Inés Vázquez, autora de cómic formada na escola O Garaxe Hermético de Pontevedra que coa súa primeira novela gráfica, 'Aldara', foi galardoada co Premio Follas Novas do Libro Galego 2022. As mesmas láminas reproducidas en branco e negro proporcionan un caderno para colorear no que os máis peques poden aprender coas súas familias acerca dos océanos.
Xa para menos cativos e sen límite de idade por arriba, ven de presentarse outra ferramenta de divulgación mariña que tamén reúne os valores formativos co entretemento. Trátase do videoxogo- simulador "subROV: Underwater Discoveries", que o estudio pontevedrés sqr3lab, creou co apoio financeiro e asesoramento científico da National Science Foundation de Estados Unidos e dos institutos oceanográficos Bermuda Institute of Ocean Sciences e Schmidt Ocean Institute. Algunhas das expedicións organizadas por estas entidade foron recreadas no xogo ao que se pode acceder na plataforma Steam Early Access. O xogo permite simular a condución remota dun submarino (ROV) para en misións de exploración científica oceánica, con escenarios deseñados a partir de imaxes reais. Os xogadores poderán levar a cabo as accións básicas da exploración científica como cartografar fondos, achegarse a naves afundidas ou coñecer as criaturas submarinas, un achegamento o máis real posible á experiencia da exploración científica submarina.