Ribas de Sil arrinca o seu museo 'automático' da minería romana

Os visitantes deben reservar o seu acceso por Internet

23/11/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O sistema xa habitual de acceder a pequenos hoteis cun código e un sistema de xestión automática tamén chega aos museos de Galicia. Ribas de Sil estrea un museo da minería romana sen persoal específico. Os visitantes deben rexistrarse previamente pola web e dispoñen dun código que permite o seu acceso a unha hora determinada a este museo. As luces do museo acenderanse automaticamente nese momento e permitirán a visita. Os contidos, deseñados polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo, abordan ao longo de tres salas os xeoparques e as montañas do Courel -o propio proxecto é parte do xeoparque-, a ourivería castreña e a chegada de Roma e sobre os procesos técnicos de extracción da minería por parte dos romanos. O museo foi deseñado pola empresa Museos vivos, xunto con outros de Castela e León ou da República Checa, e está instalado no interior do camping local. O sistema ten cámaras de vixilancia e os adxudicatarios do camping xestionarán tamén as salas do museo.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roma, Sil, Museos, Internet...