
"A túa ausencia neste ar" (Aregueifa2.0, 2022) preséntase como un disco de "querenza conceptual" no que todas as cancións xiran arredor da perda e da ausencia que a segue, unha situación de claras implicacións persoais para a parella nas súas experiencias. Os nove temas que compoñen este traballo teñen esas ausencias presentes, moitos deles xa desde o tÃtulo, buscando en todo caso facer das propias músicas "ferramentas reparadoras" para todo tipo de perdas persoais. Con ese obxectivo Fanny & Alexander botan de novo man das voces poéticas galegas do presente, unha constante nos seus anteriores traballos. Aquà o disco ábrese con "O tempo cura mais arrasa" para o que o dúo conta cos versos de Marga Tojo e nas pezas que seguen están presentes tamén as creacións poéticas de Xess Modelo, Arancha Nogueira, Ledicia Costas, Lorena Souto, AntÃa Otero e Charo Lopes e Lara Dopazo. Tamén nas voces que se engaden nas gravacións están presentes algúns dos nomes das nosas letras, como LucÃa Aldao, Luz Fandiño, Xela Arias, Theresa P. Lousame, Nuria Vila e Alba Cid. O resultado é unha recompilación da poesÃa feminina galega ao cento por cento na que todas as que están, son. O primeiro vÃdeo que se presenta é o que dá nome ao disco, unha canción asinada polo dúo tamén na letra e unha das máis persoais do disco, igual que a realización do vÃdeo, obra do dúo. O disco distribuirase en copia fÃsica no formato CD (digipack) e con licencia Copyleft como foi sempre a súa decisión. Neste caso a presentación faise dentro dun marco de madeira co lenzo da portada, unha pintura de Xerome Feáns Arias (2011- 2018). Un cadro para poder pendurar que leva por detrás un código QR que leva directamente á escoita do disco nas diferentes plataformas dixitais e na páxina web do dúo.