O Seminario de SociolingüÃstica da Real Academia Galega daba a coñecer este 22 de novembro o estudo Prácticas lingüÃsticas na infancia. A xestión lingüÃstica nos primeiros contextos de socialización. A obra, que se pode consultar na rede, continúa a liña da entidade de afondar na análise dos elementos que inflúen no abandono do galego das novas xeracións mediante investigacións cualitativas.
Logo da análise do mapa sociolingüÃstico escolar de Ames, publicada en 2021, Henrique Monteagudo, XaquÃn Loredo, Gabino S. Vázquez GrandÃo e Anik Nandi recuncan como autores deste traballo que, segundo informa a RAG "confirma a importancia dos centros educativos, non só na súa faceta pedagóxica, senón tamén como primeiro contacto coa vida pública fóra da familia e contexto principal para a relación dos nenos e nenas cos seus iguais". Ao tempo, o estudo "chama tamén a atención sobre outros espazos como os das actividades complementarias e de conciliación e as asociacións e clubs deportivos".
A partir de análises cualitativas desenvolvidas na comarca de Santiago, o equipo redactor comprobou "como se está a producir o proceso de substitución do galego polo castelán na infancia nos contextos familiares e extrafamiliares dos ámbitos urbano e periurbano galego". Segundo este traballo as dinámicas de desgaleguización comezan nos primeiros anos de escolarización, e afectan ao propio proceso de adquisición da fala. Nestes espazos "as condicións son pouco propicias ou directamente adversas para que os castelanfalantes fagan uso do galego", unha tendencia que se fai máis evidente nos contextos de menor formalidade da infancia e mocidade. Ao tempo, a presión da contorna sobre persoas galegofalantes fai que "adoptar o castelán sexa a opción que lles resulta máis cómoda e natural".
Neste sentido, o estudo destaca que "o efecto desgaleguizador da escolarización cara ao que apuntan os traballos de carácter estatÃstico vai máis aló dun reparto horario da lingua vehicular das materias ou da presenza do galego nos rexistros de maior formalidade". Deste xeito "as actividades de menor formalidade que ocorren dentro e fóra dos centros educativos resultan ser esenciais para que a rapazada incorpore en maior medida as ideas e as pautas sociais de comportamento lingüÃstico, e a realidade demostra que nelas os nenos e nenas experimentan as presións que limitan o uso do galego e mesmo empurran ao seu abandono", sinala esta obra.
Deste xeito, o equipo redactor salienta que no ámbito de actividades extraescolares "as prácticas lingüÃsticas dos e das axentes implicados nestes teñen unha gran transcendencia para o modelamento dos seus comportamentos lingüÃsticos, especialmente para a rapazada dos ambientes urbanos e periurbanos" polo que apunta a necesidade de desenvolver nestes espazos "unhas liñas de dinamización sociolingüÃstica ben programadas e coherentemente aplicadas".