
O WOS Estrella Galicia da capital galega recunca na categorÃa de Mellor Festival baixo teito (indoor en inglés) que xa acadou anteriormente. Ademais del a categorÃa na que máis festivais galegos entran a competir, mesmo entre si, é a de Mellor festival de Tamaño medio, o que inclúe aqueles eventos de entre 10.000 e 39.999 asistentes ao dÃa. As edicións deste ano do festival Portamérica de Caldas /Portas; o Resurrection Fest de Viveiro; o Caudal Fest de Lugo e o Morriña Festival da Coruña entran nesa lista de eventos a votar. Na categorÃa de Grandes Festivais (aqueles cunha capacidade diaria por riba dos 40.000 asistentes) o festival O Son do Camiño de Santiago entra a competir por vez primeira grazas ás modificacións levadas a cabo no recinto do Monte do Gozo de Santiago. Dous eventos de nova creación neste 2022, o festival Latitudes de Vigo e o RÃo Verbena de Pontevedra competirán con outros festivais europeos e entre si polo premio a Mellor Novo Festival.