Un cento de obras de artistas recoñecidos internacionalmente achegadas desde trinta museos europeos. Esta é a proposta da exposición Camiños creativos, última das grandes mostras do Xacobeo que abrÃa as súas portas este 10 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia. Nomes como Turner, Constable, Courbet, Corot, Rousseau, Sorolla, Cartier-Bresson e referentes da creación actual como David Hockney, Julian Opie, Jeppe Hein ou Cristina Iglesias fan parte deste proxecto que comisarÃa a galega Monserrat Pis Marcos, conservadora do Holburne Museum en Bath.
Segundo explicou Pis, o proxecto "procura ser unha celebración do vencello e frutÃfera relación entre movemento e arte, entre o desprazamento a pé e a creación: camiñamos para descubrir e, tamén, camiñamos para crear". A partir deste eixo, a selección de obra, desde o século XVIII aos nosos dÃas, inclúe unha ampla escolma da pintura paisaxista europea e da fotografÃa de rúa canda a pezas que se moven pola sala de xeito autónomo ou instalacións que deben ser percorridas e experimentadas polo público.
AsÃ, fotografÃas de Cartier-Bresson, Virxilio Viéitez ou Cristina GarcÃa Rodero, audiovisuais de Marina Abramović ou Mona Hatoum, ou as animacións con LED de Julian Opie fan parte do proxecto, que reclama en moitas das súas seccións a participación do público e poderá visitarse ata o vindeiro 9 de abril.