
Ansede, segundo explica a fundación, "mantivo desde a súa mocidade unha intensa relación con Manuel María e Saleta, relación que se converteu en íntima amizade unha vez que o matrimonio se trasladou a vivir á cidade da Coruña". Antón Laxe, ata o momento responsable da Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei será o novo secretario da entidade.
Segundo declarou o novo presidente, "a miña pretensión non é tanto suplir a Saleta -algo completamente imposíbel- senón contribuír como Presidente a fortalecer a dinámica deste colectivo, única garantía de que a obra de Manuel María siga presente na sociedade galega" e anuncia a intención de consolidar as iniciativas que xa ten en marcha a fundación.