A Pinta volve a navegar en mares dixitais

A experiencia inclúese na visita á Casa de Navegación e á réplica da carabela

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O concello de Baiona reabriu a Casa da Navegación presentando o que será o primeiro paso na renovación dos seus contidos e deseño expositivo. Cunha entrada combinada de cinco euros, os visitantes poderán visitar a réplica da carabela Pinta e acceder, na Casa de Navegación, a unha experiencia de realidade virtual. Nela, reprodúcese a cuberta da carabela Pinta e o usuario pode interactuar con algúns dos protagonistas históricos da viaxe, como o capitán Martín Alonso Pinzón ou piloto, orixinario de Nigrán, Cristóbal García Sarmiento. A visita permite coñecer a materialidade da viaxe nunha carabela, os instrumentos e mesmo a perspectiva sobre a costa da vila. O sistema foi desenvolvido por Xoia Extending Reality. Esta experiencia virtual é o primeiro paso para a reforma que afectará ás narrativas e á museografía do espazo.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baiona, Nigrán

Claves

Lugares