Alberte Pagán gaña dous premios do INTERSECCIÓN da Coruña

A XXIIIª Mostra de Curtas de Noia tamén reparte o seu palmarés

A XXIIIª Mostra de Curtas de Noia tamén reparte o seu palmarés
Alberte Pagán recolle os seus galardóns no V INTERSECCIÓN Foto: INTERSECCIÓN
O cineasta Alberte Pagán (O Carballiño, 1965) coa súa curtametraxe "Elefante" foi un dos grandes recoñecidos do festival INTERSECCIÓN de Arte Audiovisual Contemporánea que pechou este domingo a súa quinta edición na Coruña. O traballo de Pagán acadou o premio do xurado da Sección Galicia así como o Premio A Colectiva da mesma sección. O filme de Pagán recibiu recentemente unha mención especial no festival Curtocircuíto de Santiago. Outro dos títulos laureados no palmarés deste INTERSECCIÓN foi o filme portugués "Super Natural" Jorge Jácome, que recibiu o premio do xurado da Sección Internacional, así como o Premio NUMAX. Dentro da Sección Galicia a peza "XotaManeoMuiñeiraPasodobleRumba" de Juan López, recibiu o Premio Contemporánea, que inclúe a exposición da obra seleccionada en galerías da asociación Contemporánea. Ademais "The Softboy" de Laura Tabarés acadou unha mención especial do xurado da sección galega, igual quer na sección oficial conseguiu o filme "Fe" da donostiarra Maider Fernández. O público que pasou por esta edición do festival con máis duin cento de obras proxectadas decantouse no seu voto pola peza "La piel de Marte", de Maite Redondo.



Ademais dos galardóns correspondentes a estas seccións tamén se deron os da Sección Escolas, nesta o xurado premiou "La fiesta del fin del mundo", de Paula González García, Andrés Santacruz e Gloria Gutiérrez e fixo unha mención especial para "O tempo é conmigo" de Clara Borrazás Franco. Na INTERSECCIÓN LAB o premio LAB Corte Final foi compartido para "Amor Rojo" de Dora García e "Alén Mar” de Andrés Sanjurjo. Esta mesma obra de Sanjurjo acadou tamén o Premios Son Cinemar Films. Nesta quinta edición, INTERSECCIÓN abarcaba desde un lente poético a crise ecolóxica á que nos estamos enfrontando. Coa sección "Unha caída, unha fractura, unha posibilidade" como eixo, o festival preguntábase: como vivimos coa incerteza?, que decidimos quedarnos e que descartamos?, como choramos o que perdemos sen permitir que o duelo nos paralice?, que novas perspectivas revélanse nesta caída ao descoñecido que experimentamos?, podemos sacar un novo sentido de liberdade de todo isto? A selección de INTERSECCIÓN apostaba este ano por incrementar a presenza de obras e artistas internacionais dentro da súa programación, mentres reforzaba o seu apoio a artistas galegas e españolas.



Mostra de Noia
Tamén no audiovisual, malia que desde unha perspectiva ben distinta, tras unha semana de proxeccións a XXIIIª Mostra de Curtas de Noia chegou ao seu fin co correspondente reparto de premios. A película "Sauerdogs", do vigués Guillermo Oliveira levou o premio "Blog del cine español" á mellor curtametraxe, mentres que premio o premio da sección oficial foi para "Tonser" de Mads Koudal. A curta "Mañane volveré", de Hugo de la Riva acadou o favor do público, que lle deu o seu premio. O Premio Brandaríz, en memoria do falecidos actor, á mellor curta galega "amateur" foi para Andrea Bouzo, por "III Marías". Ana Liébana, por "Mia Moglie" acadou o galardón á mellor dirección e Alejandro Bordier o de mellor guión polo seu traballo en "Caroline sur le toit". A actriz Silvia Lorenzo gañou o premio a mellor interpretación feminina pola súa actuación en "la entrevista", mentres que o galardón masculino de interpretación foi repartido "ex aequo" entre Lluís marqués e Quin Ávila, polo traballo de ambos como protagonistas da cinta "Iago y Tristán". A curta "Loop" de Pablo Polledir, levou o galardón a mellor traballo de animación do festival noiés, que pechou esta edición co conseguinte gala de entrega de reoñecementos.
pe de foto
Foto de premiados da XXIII Mostra de Curtas de Noia