
O premio, que ten unha contía de 3.000 euros en metálico, premia composicións poéticas de entre 15 e 90 versos, e contou nesta xeira cunha participación de 174 obras. Canda ao poema de Dourado, foron finalistas no certame Antígona cantoume polas vosas voces, de Patricia Carballal, De tuin der lusten, de Francisco Javier Fernández Davila, Receita cromática para unha visión libremente entendida, de Ana Barja López e Europa 2079, de Lois Pérez Díaz.
María Xesús Lama, Ramón Nicolás, Antía Balvís, Cristina Pato, Eilún del Pazo e Emilio Vega conformaron o comité de selección do premio. O concello de Vilamartín de Valdeorras convoca este galardón co apoio da Deputación de Ourense.