A arte de ida e volta

A xornada "Musealizar a arte do exilio galego" celebrarase mañá 25 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O exilio fixo que numerosos artistas galegos se viran forzados a teren que marchar do seu país. A moitos deles o golpe de Estado colleunos en plena madurez creativa, así que foron autores dunha obra inxente no estranxeiro que só en parte retornou a Galicia. Para abordar esta cuestión do retorno, do encaixe e do futuro da presenza dos artistas do exilio no panorama cultural galego o Consello da Cultura Galega organiza mañá 25 de outubro a xornada "Musealizar a arte do exilio galego". Coordinada por Inmaculada Real, o programa contará coa participación de representantes dos museos e fundacións monográficas dedicadas a figuras como Luís Seoane, Laxeiro ou Eugenio Granell, ao papel das galerías na introdución destas figuras ou á presenza da arte do exilio en coleccións máis amplas como a colección ABANCA, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo de Pontevedra ou o Museo Francisco Fernández del Riego.A inscrición á xornada é gratuíta e pódese seguir de balde por Internet.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Seoane na Arxentina

Seoane na Arxentina

As propostas culturais do exilio deixaron pegada das dúas bandas do Atlántico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Francisco Fernández del Riego, Luís Seoane, Museos...