70 anos despois é o tÃtulo do congreso para o estudo da cultura do exilio republicano que se celebra desde hoxe e ata o vindeiro catorce de marzo no Pazo de Mariñán. No evento analizaranse as pegadas deste colectivo en ámbitos coma o teatro, o cine ou a ciencia. De entre todas as figuras que estarán presentes na iniciativa, analizamos, da man de Antonio Garrido, un dos exemplos senlleiros daquel exilio: LuÃs Seoane.
Antonio Garrido, profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, é o responsable de coordinar a sección encol da Arte Plástica no Exilio, que se desenvolverá na mañá do venres trece no marco deste congreso. A súa conferencia Ética e estética na plástica de LuÃs Seoane abre a sección, que continuará cunha mesa redonda na que cinco especialistas analizarán ámbitos coma a situación económica e polÃtica do exilio, a figura de Eugenio Granell durante a súa estancia no Caribe, o artistas plásticos no exilio interior ou os anos de Laxeiro en Arxentina. “A intención é recoller varios ámbitos xeográficos e non só o momento no que o artista está exiliado nunha determinada zona, senón todas as circunstancias que rodean ese feito”, explica Garrido.
O exilio para Seoane
Para Seoane, “o exilio é determinante desde un punto de vista plástico. Cando sae de España era un artista sen facer, fixera algúns traballos sobre ilustración e deseño gráfico pero chegou a arxentina practicamente sen formación artÃstica, onde realmente se fai é alÔ, lembra este profesor. A figura de Colmeiro, outro galego no exilio, revelouse como decisiva neste sentido. “Toma del moitas ensinanzas, pero vainas enriquecendo con múltiples propostas que atopa en Arxentina”. Debemos pensar que naquel momento o paÃs sudamericano tiña unha grande puxanza económica e cultural, cun contacto coas correntes internacionais moi superior ao que se daba daquela en España “Se Seoane quedase en España non poderÃa ter ido polos derroteiro por onde foi”, conclúe Garrido.
A loita interior
Alén de formación, a estancia en Sudamérica deixou unha fonda pegada no traballo plástico do artista exiliado. Segundo este profesor de Historia da Arte, “chega un momento no que Seoane ten que repartir a súa vida entre dúas realidade xeográficas moi diferenciadas. Por unha banda está o lugar onde reside, neste caso Buenos Aires, e pola outra, Galicia, que leva no corazón”. Segundo defende Garrido, esta tensión está presente en boa medida no traballo de Seoane. “AÃnda que a súa temática é fundamentalmente galega, salvo algunhas excepcións, o xeito de representar ese tema ten moitos compoñentes arxentinos. Isto revélase especialmente no seu traballo co gravado, onde chega mesmo a ter un conflito entre a súa ideoloxÃa galeguista e a estética dos movementos contemporáneos. O compoñente identitario dilúese a nivel estético pero mantense nos tÃtulos e en determinadas referencias sÃgnicas”. Esta tensión é pois a responsable, en boa medida, da renovación estética da arte galega que iniciou Seoane.
Seoane en Arxentina
É ben sabido que a importancia do traballo deste artista transcendeu en moito a Galicia e chegou a nivel internacional, deixando tamén a súa pegada no paÃs de acollida. “Seoane abre unha pauta, especialmente co gravado, que dá pé a que outros artistas arxentinos sigan esa técnica e a fagan evolucionar. A ruptura entre a xilografÃa clásica e a contemporánea prodúcea el entre os anos 58 e 60. Os beneficios desa ruptura son recollidas por artistas coma Antonio Berni, que segue ese ronsel e acada mesmo ser galardoado co premio da Bienal de Venecia de 1962. Entón pódese afirmar claramente que Seoane deixa pegada na arte arxentina”.
Ecos en Galicia
Os ecos de Seoane tamén chegaron á Galicia da ditadura. “A nivel de exilio interior habÃa xente que non coñecÃa a realidade do outro lado do Océano, coma Carlos Maside”. Precisamente con este pintor mantivo o exiliado unha ampla correspondencia nos anos 40 e 50 na que se pode aprezar “unha disparidade de criterios, xa que son dúas realidade completamente diferentes. Seoane fala dunha linguaxe moito máis avanzada, e chegan a se dar fracturas ou falta de comprensión nalgúns ámbitos”. Como segundo tipo de exiliado, Garrido sitúa a figura de DÃaz Pardo. “El si coñecÃa a realidade de Arxentina, estivo alÃ, e mesmo montou con Seoane unha fábrica de cerámica. Comprende perfectamente as propostas de Seoane, e mesmo entre os dous desenvolven a idea do Laboratorio de Formas en Galicia”.
Malia a que posiblemente é un dos exemplos máis coñecidos e complexos, canda a Seoane foron moitos outros os creadores, cientÃficos e homes galegos de cultura que pasaron a experiencia do exilio. Para os coñecer, nada mellor que aproveitar a oportunidade e seguir as conversas que se celebran estes dÃas no Pazo de Mariñán, na Coruña.