'Unicorn Wars', a agardada nova longametraxe de animación do cineasta e debuxante Alberto Vázquez, chegará este venres as salas comerciais de cine en toda España. Case trinta salas de todo o Estado proxectarán o filme nesta fin de semana, dez delas en Galicia, onde ademáis poderá verse na versión orixinal en galego en Lugo, Santiago e Ferrol, canda menos. En total serán 25 as localidades de toda España onde se poderá ver este filme que ven de pasar polo festival internacional de Sitges con gran acollida. Con 'Unicorn Wars', o creador coruñés consolÃdase como un dos grandes nomes da animación española e internacional, despois dos éxitos obtidos con 'Psiconautas, los niños olvidados', filme co que gañou o Goya á mellor longametraxe de animación, e coas súas aclamadas curtas Birdboy e Decorado -premios Goya á mellor curta de animación en 2012 e 2017, respectivamente− ou 'Homeless Home', esta última galardoada hai dous anos en Annecy co premio especial do xurado. A nova longametraxe está coproducida pola empresa galega Abano Producións xunto coa vasca Uniko Estudio Creativo e as francesas Autour de Minuit e Schmuby.
A trama de 'Unicorn Wars' preséntase como unha fábula antibélica, que leva a unha nova dimensión o prolongado enfrontamento entre as coñecidas personaxes de Alberto Vázquez, os Osos de Peluche e os Unicornios, no universo de fantasÃa que xa se avanzaba en Decorado. Desta volta, dous irmáns -un entrañable e outro desalmado- forman parte dun rexemento de osiños enviados a unha perigosa misión na fronte para salvar o Bosque Máxico. A versión orixinal do filme é en galego e queda a decisión das salas a súa exhibición nesa lingua ou a versión en castelán ou en Euskera, no que está dispoñible. Actualmente está confirmada a proxección en lingua galega (nalgúns casos tamén en castelán nas mesmas salas) no cine Dúplex de Ferrol, NUMAX, de Santiago de Compostela e Códex de Lugo. A estrea tamén chegará a Ourense (Galicine); Pontevedra (Galicine); VilagarcÃa de Arousa (Gran Arousa); Vigo (Plaza ElÃptica e Cines Norte); Santiago de Compostela (NUMAX e Multicines Compostela( e na Coruña nos cines Os Cantones, onde tamén se levou a cabo unha preestrea a pasada semana. Ademais destas localidades galegas a pelÃcula chegará este venres a outros moitos puntos do territorio español: Madrid, Bilbao, Vitoria, Pamplona, Zaragoza, Valencia, Murcia, Granada, Sevilla, Salamanca, Lleida, Tarragona, Terrasa, Barcelona e Getafe.