Hoxe comeza na Coruña a quinta edición de INTERSECCIÓN - Festival de Arte Audiovisual Contemporánea, que ata o vindeiro 23 de outubro reunirá na cidade a máis de 120 cineastas, artistas e outros profesionais do cinema de vangarda e a arte contemporánea. Máis de 100 de obras producidas en máis de 20 paÃses distintos poderán verse nas proxeccións do encontró. Serán obras seleccionadas e laureadas en festivais e museos tan relevantes como Cannes, Berlinale, Rotterdam, Nueva York, a Bienal de Venecia, o MoMA, a Tate ou o Museo Reina SofÃa. Vintedous son estreas mundiais e outras vinteseis están por primeira vez en España. O Cine ParÃs e a Filmoteca de Galicia acollerán as proxeccións das sesións competitivas. Ademais, o Cine ParÃs, reaberto ao público con este festival, albergará tamén unha zona con oferta gastronómica e unha das seccións máis novidosas deste ano: unha instalación de Realidade Virtual (RV).
INTERSECCIÓN focaliza a súa programación en obras que se atopan no cruzamento da arte contemporáneo e o cinema de vangarda, abarcando unha gran variedade de formatos, técnicas e linguaxes. O evento terá outra das súas extensións na Fundación Luis Seoane, que acollerá as exposicións de dúas seccións competitivas, GALICIA e ESCOLAS, que estarán abertas ao público ata o 31 de outubro. ESCOLAS mostra obras realizadas por estudiantes a nivel nacional, unha sección comisariada polo colectivo Arte.Facto. A exposición GALICIA recolle a actualidade da creación audiovisual contemporánea na nosa comunidade. O festival colabora coas principais asociacións profesionais a través dunha ambiciosa baterÃa de actividades composta por masterclasses, mesas redondas, encontros profesionais e presentacións. Ademais a través de INTERSECCIÓN LAB máis de 30 artistas, procedentes de toda a xeografÃa española, encontrarán esta semana na Coruña unha plataforma na que compartir, encontrarse e profundizar nos seus traballos.