A vella polémica sobre o lugar de nacemento de Ramón del Valle-Inclán avivouse este fin de semana logo de que o representante do Concello da Pobra, na fundación que leva o nome do escritor, presentase a súa demisión por considerar que esta institución non defende os intereses do seu concello. Ademais, chamou a atención sobre varios documentos que, segundo el, demostran a súa orixe.
Demisión
O concelleiro de Turismo da Pobra, Antonio González, anunciou o pasado venres a súa demisión coma secretario Xeral da Fundación Valle-Inclán. Segundo el, esta institución "non defende os intereses desta localidade e do seu museo" e ten un funcionamento que "non é transparente".
González sinalou que hai "un socio vitalicio da Fundación" ó que non quixo identificar que, segundo el, "está empeñado en confundir a historia ó negar calquera relación de Valle coa Pobra". No mesmo sentido acusou á Fundación por ter socios vitalicios "cando deben ser elexibles" e manifestou que nunca recibiu as actas das sesións do patronato e que "se hacen reuniones sólo con los socios que interesan, segundo recollÃa "El Correo Galleo" o pasado sábado.
Coa demisión de González, o Concello da Pobra queda sen representación nesta fundación.
Turrando por Valle
O abandono da Fundación Valle-Inclán por parte do representante do Concello da Pobra, coincide con diferentes proxectos relacionados co escritor. Mentres neste concello celebran os vinte anos da constitución do Patronato que rixe o Museo Valle-Inclán, no concello de Vilanova continúa en marcha o proxecto de inaugurar en breve outro museo dedicado ó creador do esperpento. E desde Pontevedra reclaman a copia dun busto cedido nos anos cincuenta pola cidade.
O concelleiro da Pobra sinalou que o museo existente no seu concello é o único oficial e que os demais "serán centros turÃsticos ou o que sexa, pero non o museo do autor". A respecto da reclamación do Concello de Pontevedra, González amosou na súa comparecencia ante os medios unha carta de 1953 na que o alcalde pontevedrés Juan Argenti Navajas regaláballe o busto ó concello da Pobra. Con respecto á solicitude de facer un duplicado, González sinalou que Pontevedra "terá que pedirnos permiso" e que o seu concello "pensarao", manifestando a súa intención de que o busto non se mova da súa ubicación.
Documentos
Como documentos para reclamar a discutida orixe de Valle-Inclán, González amosou as actas do rexistro civil dos fillos de Valle Inclán nos que o escritor aparece como nacido na Pobra, ó igual que no seu pasaporte coma cronista da I Guerra Mundial ou nunha solicitude ó Ministerio de Gracia reclamando o tÃtulo de Señor do Caramiñal.
Outros dos documentos cos que González tentou demostrar a orixe de Valle foi unha carta do escritor a Manuel Azaña, as actas de bautismo dos fillos de Valle e un recordatorio da comunión dunha delas entre outros. A maior parte destes documentos pode verse no Museo Valle-Inclán da Pobra.