O Consello da Xunta informou favorablemente da posta en marcha este outono dunha nova edición do Bono Cultura, o programa de descontos na compra de produtos ou na utilización de servizos culturais. A nova edición deste programa contará cun orzamento dun millón de euros e emitirá 20.000 bonos con descontos do 50% nos servizos ou produtos das empresas que se adhiran á campaña autonómica. As cifras son menores que as da campaña anterior, que chegou aos 1.950.000 euros e emitiu ata 39.000 bonos de 50 euros cada un. O s obxectivos tampouco son os mesmos, segundo asegurou o titualr do goberno autonómico, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello: “Se na primeira edición o obxectivo foi volver a reactivar o consumo nos comercios de proximidade tras a pandemia, agora cómpre botar unha man ao sector e os consumidores nesta nova crise de suba de prezos”, indicou Rueda.
Como se informou no Consello da Xunta, a nova edición de Bono Cultura botará a andar este mesmo mes de outubro coa apertura do perÃodo de adhesión das empresas. A continuación, a partir do 2 de novembro, os usuarios poderán solicitar os bonos e comezar a gozar dos descontos ata o 31 de decembro. A campaña reeditará as condicións do ano pasado con algunhas novidades. AsÃ, inclúense novas epÃgrafes nas bases para a participación das empresas. É o caso das dadas de alta na venda por menor de discos, asà como o comercio de instrumentos musicais, que poderán participar sempre e cando comercialicen algún dos produtos e servizos obxecto da convocatoria. Tamén se amplÃa o teito de gasto que cada establecemento pode ter ao abeiro desta campaña, ata os 30.000 euros (fronte aos 20.000 euros que inicialmente se fixaron na edición anterior, malia que finalmente ampliáronse ata os 40.000 euros).