O fotoxornalismo galego ven de perder un dos seus referentes co falecemento onte de Manolo Blanco aos 74 anos de idade. Blanco, agora xa xubilado, foi reporteiro gráfico exercendo desde Santiago de Compostela para diversos medios. Gañou en 1987 o premio Xunta de Galicia de Xornalismo, o premio Galicia de Comunicación ao Mellor Xornalismo Gráfico (2003) e foi finalista do premio nacional Foto Press (1988) coa instantánea do afundimento do buque 'Casón'. A Deputación da Coruña nomeouno 'Fotógrafo Histórico', un tÃtulo que camparte con outros fotógrafos como Manuel Ferrol, Ramón Caamaño e Virxilio Viéitez. A súa ollada tras da cámara estivo recollendo a historia de Galicia durante décadas, resultando icónicas algunhas das súas imaxes. O seu enorme fondo documental exhibiuse parcialmente en varias exposicións e tamén foi obxecto de publicacións como "Manuel Blanco: Apostas e empostas dun fotógrafo" (Fundación Caixa Galicia, 2005). Blanco comeza a traballar como fotógrafo aos dezasete anos compatibilizando o seu estudo da Rúa Nova con encargos de diversos medios de comunicación como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Ideal Gallego e as axencias Europa Press e EFE, desta última chegando a ser correspondente en Galicia ao igual que do diario El PaÃs. Mais a súa traxectoria profesional estivo sobre todo ligada ao xornal El Correo Gallego, no que traballou ininterrompidamente dende 1971 ata a súa xubilación hai uns anos. Foi cofundador da Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa e fundador da Asociación de Gráficos de Galicia.