Unha grande sinfonÃa sobre Bergantiños e Carballo. Este é o proxecto no que se embarca o compositor Sergio Moure de Oteyza e que presentaba este 27 de setembro no Concello de Carballo. O municipio apoiará o proceso de creación da obra que, segundo adiantou o músico, está "dedicada a esta terra, lugar da miña infancia e dos meus recordos" e xorde como unha aposta persoal, ademais de responder a unha vella demanda do seu propio pai.
O proxecto, que levará no tÃtulo nome de Bergantiños, pretender evocar os lugares da comarca e os sentimentos do propio compositor, que viviu en Carballo ata os 13 anos. Moure é recoñecido internacionalmente como compositor de bandas sonoras para cinema e televisión, onde acumula máis de cincuenta proxectos.