O catedrático da USC en medicina legal, investigador e experto en xenética Ángel Carracedo (Santa Comba, 1955) é o gañador do Premio Otero Pedrayo, organizado nesta edición 2022 pola Deputación da Coruña e convocado polas catro institucións provinciais e a Xunta de Galicia. É a primeira vez que se recoñece con este galardón unha traxectoria centrada na investigación médica e científica. A candidatura de Ángel Carracedo partiu da propia Deputación da Coruña, representada polo deputado de Cultura, Xurxo Couto, quen defendeu a necesidade de recoñecer "unha das principais figuras da historia da ciencia galega e un home comprometido co seu tempo, disposto sempre a participar en liñas de traballo que contribúan á mellora da nosa sociedade".
Entre outros cargos e títulos, Angel Carracedo conta na súa traxectoria co de director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de Xenotipado, presidente da Sociedade Española de Farmacoxenética e Farmacoxenómica, vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal e presidente da International Society for Forensic Genetics. Os Premios Galicia de Investigación, o Premio Nóvoa Santos, a Medalla Galien, o Premio Rei Xaime, a Medalla Castelao e a Medalla de Ouro de Galicia ou o Premio Nacional de Xenética, ademais de distintos doutorados honoris causa de universidades de Europa e América, son algúns dos recoñecementos oficiais a unha traxectoria que destaca tamén polo compromiso coa ciencia e o seu país e pola entrega a un traballo que sitúa a ciencia galega na vangarda mundial.
O Premio Otero Pedrayo ten como obxectivo non só homenaxear a figura do grande polígrafo ourensán que lle dá nome, senón tamén recoñecer o labor de contribución á cultura e promover os valores propios de Galicia, ademais das obras que contribúan á mellora da cidadanía e as institucións. Así, nesta edición tívose en conta o importante papel da investigación científica e médica despois dos dous anos de pandemia en que os avances da ciencia foron fundamentais para poñer freo a unha situación de crise sanitaria que lle custou a vida a máis de seis millóns de persoas no mundo. Neste ámbito, a figura do profesor Ángel Carracedo representa unha figura privilexiada no ámbito da ciencia, cunha traxectoria que está a ser unha referencia na historia da investigación galega.