O Festival Internacional de Cinema de Ourense, que se celebrará entre os vindeiros 23 de setembro e 1 de outubro homenaxeará o audiovisual galego cunha mostra fotográfica. Xulio Gil asina as imaxes de Manual de dirección. Cineastas de Galicia, na que recolle 52 retratos dos principais directores e directoras de cine do país que desenvolven o seu labor durante as tres últimas décadas.
A mostra, comisariada por Xosé Enrique Acuña, desenvolve un proxecto de investigación da Fundación Carlos Velo e amosa imaxes de Oliver Laxe, Ángel de la Cruz, Dani de la Torre, Jorge Coira, Juan Pinzás, Xavier Villaverde, Margarita Ledo Andión, Paula Cons, Alexia Muíños ou Chelo Loureiro entre outras figuras. Ademais, inclúe a sección "No manual da memoria" coa que Gil lembra directores xa desaparecidos como Chano Piñeiro e Eloy Lozano. O centro Marcos Valcárcel acolle as mostra, que abre as súas portas este 15 de setembro e pode visitarse ata o final do OUFF.
En paralelo, a organización do festival acordou outorgarlle a Calpurnia de Honra Internacional ao cineasta arxentino Pablo Trapero. Con este premio recoñécelle o "ser un dos directores máis relevantes e singulares do chamado Nuevo Cine Argentino, cunha vocación dun cinema comprometido social e politicamente, desde o realismo, sen renunciar a claves de xénero, cun estilo que bebe de fontes clásicas vinculadas ao Neorrealismo, á Nouvelle Vague e á produción independente".
Trapero é autor de filmes recoñecidos internacionalmente con galardóns como os premios Goya, os Cóndor de Plata, os Ariel ou os galardóns dos Festivas de Venecia e Toronto. Entre os seus títulos máis coñecidos destacan obras como Mundo grúa, El clan, Elefante blanco, Carancho ou Leonera.