Marcos Lorenzo e Lúa Mosquetera abren a nova colección de Galaxia

'Enser' e 'Espiderman' son os primeiros volumes de 'Heterodoxos'

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Marcos Lorenzo e Lúa Mosquetera abren a nova colección de Galaxia

O libro "Enser" de Marcos Lorenzo abre a nova colección de editorial Galaxia: 'Heterodoxos'. A este seguirao "Espíderman", de Lúa Mosquetera. Ambos exemplares inician así esta liña de produtos literarios breves, atípicos e de clasificación sempre incerta. En 134 páxinas Lorenzo ofrece unha sorte de ensaio "que atende tanto á rítmica do texto como á música da fala", segundo a súa presentación, e que "contén comedia, afecto examinado, contemplación, unha teoría erótico-demográfica, queixas, intuicións filosóficas, cálculos, propósitos subversivos (ou de emenda), vagos manifestos, hipocondría, resentimentos ben mantidos, versos e magníficas observacións políticas". O libro de Lúa Mosquera, pola súa banda, pretende amosar nas súas 58 páxinas a poesía do cotián. "Que hai Entroido na morte. Melodía nun axóuxere. Respostas nun vaso de viño. E moitísima verdade nunha ficción" segundo se di na súa presentación. A editorial presenta a colección cunhas ambiciosas premisas de marxinalidade respecto ao canon literario e con intención provocativa.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Lorenzo, Lúa Mosquetera, Comedia, Morte...