O pasado 19 de agosto o cantante de Heredeiros da Crus, Javi Maneiro, viuse obrigado a dar por finalizado subitamente un concerto en Pantón ante unhas fortes dores de cabeza. As seguintes exploracións médicas que se lle fixeron detectaron un accidente cerebrovascular que motivou o seu ingreso hospitalario inmediato para recibir o tratamento axeitado. Afortunadamente a situación púidose controlar a tempo de evitar males maiores pero Maneiro tivo que manterse ingresado, asà sigue a dÃa de hoxe, o que motivou inicialmente a cancelación dos concertos que a banda tiña estes dÃas e agora xa ven de comunicar a anulación de todos os compromisos que tiñan "como mÃnimo" ata final de ano, ante unha previsión de recuperación lenta do artista. esta circunstancia lévase por diante todas as actuacións previstas da xira de 30 aniversario do grupo.
Nos seus comunicados a veterana banda de rock, tamén coñecida como "os máis jrandes", quere transmitir "total optimismo e tranquilidade" ao respecto do estado de saúde actual do seu carismático cantante, "Javi atópase ben e está desexando volver a subirse aos escenarios e agradece todo o cariño e amor que está recibindo", din desde o grupo. Maneiro, igual que os seus compañeiros de banda, leva máis de 25 anos sobre os escenarios e ten desenvolvido unha carreira musical tamén como solista. O carismático "frontman" de 'Os máis jrandes' encara unha recuperación lenta pero con bos pronósticos, segundo se desprende dos comunicados oficiais, e está a recibir numerosas mostras de cariño e apoio, asà como os seus compañeiros de Heredeiros da Crus.