Lupe Gómez, Joseba SarrionandÃa, Manolo Rivas, Pura Tejelo e José LuÃs Gallero serán os poetas que, en diversas linguas do Estado, darán voz á palabra nesta edición da cita organizada pola Fundación UxÃo Novoneyra na casa natal do poeta en Parada do Courel, que tamén contará coa música de Radio Océano, Ruper Ordorika, The Rimbaud Company, Clo Plas, Xico de Cariño e Alberto Mvundi TrÃo entre outros, ademais da poesÃa escénica, audiovisuais e o xa clásico roteiro de avistamento de paxaros. O Festival dos Eidos regresa con plenitude á súa cita cos espazos Ãntimos e de vivencia da casa de UxÃo Novoneyra : a horta, o curral, a aira, a Casa-Escola e o Souto da Rubial serán os escenarios dunha cita que reivindica a paixón pola terra e a palabra poética expandida, salvaxe, escénica e en diálogo con outras artes.
Este xoves 18 de agosto ás 20:00 horas na Praza de Castelo de Becerreá, poderase desfrutar da acción que abre a programación expandida do festival que desborda as datas e os lugares da cita estival. A poeta Nieves Neira presenta no souto Trenza, acompañada por Cris Vilariño e Olalla Caamaño, unha performance con poemas do seu libro Neve de Agosto. Nesta cita, o acto de apertura celebrará o trinta aniversario da exposición dos castiñeiros "Queimados", serie fotográfica de Federico GarcÃa Cabezón, pendurada no souto comunal da aldea de Parada que lembrará o pesar pola natureza queimada dunha serra que é un libro, 'Os eidos', obra que xira á volta deses lugares de pertenza, referencia fÃsica, literaria e social das terras altas da montaña luguesa. A Casa-Escola acollerá durante toda a fin de semana estreas dos realizadores Bruno Arias e Pilar Astray.
Como parte do programa, Marcos GarcÃa e Cinthia Mendoça desenvolverán un encontro formativo sobre cultura participada e laboratorios veciñais na Estación CientÃfica de Seoane no que participarán membros de distintos centros culturais rurais de toda a provincia. A homenaxe que cada ano se lle dedica a Carlos Oroza contará o venres 26 coa participación do poeta e tradutor Nacho Fernández Rocafort e do que foi o seu editor no selo vigués Elvira, Javier Romero. Pola tarde do sábado 27 terá lugar no curral da Casa da Fonte o recital central con voces emblemáticas como Lupe Gómez, Joseba SarrionandÃa e Manolo Rivas. O domingo 28 a xornada comezará da man do ornitólogo Xabier Vázquez Pumariño cunha actividade que nunca falta: a ruta polos paxaros que poboan 'Os Eidos'. Ademais, o festival acollerá un micro aberto para ler xuntos, público e artistas, o Libro do Courel que dá nome ao festival.