Jazz de Ría dá comezo a outra edición na que se distribúe entre dúas rías

Narón, Neda e Cedeira acollerán o programa deste ano

10/8/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Do xoves 11 ao sábado 14 de agosto, o festival Jazz de Ría ofrecerá en Cederia, Narón e Neda unha programación que se achega ás marxes do jazz a través de propostas que xogan con outros estilos como o soul das Sey Sisters, o flamenco de Los Aurora ou as músicas populares d’A Brigada Bravo&Díaz. Como en cada edición, a programación está deseñada para cada localización concreta, polo que a integración no territorio é total. A participación da veciñanza e a recuperación da memoria son tamén parte da filosofía do Jazz de Ría.

Todas as actividades son abertas, gratuítas e accesíbeis. O roteiro ornitolóxico polo Río Belelle, organizado pola Sociedade Galega de Historia Natural o domingo dentro da primeira parte da actividade ORNITHOLOGY tivo unhae excelente acollida e xa están agotadas todas as prazas. Xusto a continuación da ruta, na Área Recreativa de Maciñeira, está prevista a actuación de Pablo Castaño & Celso F. Sanmartín substituíndo a Quico Cadaval que por motivos de forza maior non poderá estar. Neste caso, o aforo é ilimitado e o acceso é libre, polo que non é preciso reservar.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Narón, Cedeira, Filosofía...

Claves

Protagonistas
Lugares